

Hoxe presentouse en Compostela
Non queimes o futuro, proxecto coordinado pola
AS-PG que ofrece material didáctico interdisciplinar (paineis, DVD e unidades didácticas con

guía para o profesorado) para a concienciación sobre as medidas de prevención fronte o lume. Púxolle o ramo ao acto o ecoloxista, pacifista... e contacontos Anxo Moure (vede esta
presentación súa en Terr@ctiva), con historias con moito contido crítico, suxestión e humor. Con gomada en moitas
escolas, na rede ten os
Contos solidarios, iniciativa de
Bicis pola paz, ONGD fundada por el.
Produto da colaboración de catro Consellerías, unha delas Educación, tamén se vai presentar este luns o programa
Polo monte, que inclúe un proxecto de innovación educativa con
diversos protocolos, entre eles o de estudo da microtoponimia.
Etiquetas: iniciativas, recursos
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home