Máis dúas ferramentas
segunda-feira, 26 de novembro de 2007
Dúas novas necesidades leváronnos a tirarlle partido a outros tantos espazos na rede: Google grupos e mais Vyew. O primeiro empregámolo para aloxar e compartir os documentos de traballo do propio alumnado (e así poder revisalos tamén o profesor sen atuír o correo) antes de seren publicados no blogue. Tamén permite crear páxinas internas e establecer debates entre as distintas aulas. Vyew é un encerado-libro web no que se insiren e manexan doadamente imaxes e notas con ligazóns, gráficos, etc., e que pode aproveitar tamén o alumnado para facer presentacións atractivas como alternativa ás diapositivas feitas con Impress ou Powerpoint. Recóllese abaixo unha páxina realizada para a mostra (só mostra) do noso labor na rede no seo dun PFAC no centro.
1 Comments:
Olá!
Se cadra xa coñeces este sitio, pero hoxe topeino e penso que che pode ser de interese (está en inglés)
http://www.poducateme.com/
É unha guía practica para aplicar o podcasting á educación
Enviar um comentário
<< Home