<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener("load", function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <iframe src="http://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID=7596306620968613963&amp;blogName=Remexer+na+lingua&amp;publishMode=PUBLISH_MODE_BLOGSPOT&amp;navbarType=BLUE&amp;layoutType=CLASSIC&amp;homepageUrl=http%3A%2F%2Fremexernalingua.blogspot.com%2F&amp;blogLocale=pt_PT&amp;searchRoot=http%3A%2F%2Fremexernalingua.blogspot.com%2Fsearch" marginwidth="0" marginheight="0" scrolling="no" frameborder="0" height="30px" width="100%" id="navbar-iframe" title="Blogger Navigation and Search"></iframe> <div></div>



LIM

Domingo, 28 de Outubro de 2007

Como complemento ao traballo de comprensión e produción de textos do ámbito das institucións, empregamos estas actividades creadas con ediLIM, intentando xogar tamén con textos no estreito rego das respostas pechadas. Aínda así, mantívose a súa función máis evidente, a práctica e avaliación de certos coñecementos; mais, ferramentas coma esta poden ser aproveitadas para a construción destes. Un outro labor pendente.
En primaria, o Seminario Galán ten feito cousas coma esta.
ENGADIDO a 05/11/07: a través de Caderno de cores chegamos á recomendábel páxina de Xosé Antón Vicente Galego para docentes: Ferramentas para a aula (entre elas, o LIM, claro).

Etiquetas:

3 Comments:

Anonymous Landin said...

Ola Xano!

Quería enviarche un saúdo e uns parabéns maís que merecidos polo teu traballo. Para os que estamos a introducirnos nisto das TIC en relación ao ensino (no meu caso no do galego) es de grande axuda e vas dándonos a coñecer unha chea de recursos que, con paciencia e tempo, podemos ir aplicando.

1 de Novembro de 2007 18:34  
Anonymous Xosé Antón Vicente said...

Gracias pola recomendación da miña páxina. Foi feita dun xeito rápido e non moi profesional coa única finalidade de servir de material de apoio a unhas ponencias que ño que dar neste mes. Celebro se pode ser de utilidade para alguén.

7 de Novembro de 2007 23:39  
Blogger xano said...

1. Landin, alégrome de que estas notas sirvan para algo. Ao meu ver, o importante é que poidamos intercambiar experiencias para a mellora do labor diario, mais para iso cumpriría sobre todo organizar puntos de encontro (na rede e fóra dela). Niso temos que traballar tamén.
2. Xosé Antón, a ti é a quen che hai que agradecer que nos presentes ferramentas que moitos/as non coñecemos; por exemplo, eu descubrín aí a maneira de facer mapas interactivos co programa de Fran Macías (aínda non visitara http://engalego.blogspot.com/).

8 de Novembro de 2007 9:34  

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License