<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Ampliar as experiencias no uso didáctico das TIC

quarta-feira, 5 de setembro de 2007
Unha cita case obrigada para moitos docentes no mes de setembro constitúena desde hai xa ben tempo as Xornadas da CIG e a AS-PG. Nos Encontros pedagóxicos de Compostela teremos a oportunidade de explorar na práctica o uso dos blogues e podcast no ensino, en especial no da lingua. Iso logo de escoitar a Xulio Rodríguez falar do traballo por proxectos (enfoque didáctico que desenvolven as Xornadas da Coruña, nas que tamén están presentes as TIC).
Xulio Rodríguez, por certo, ten reflexionado sobre a necesidade do uso crítico e activo (participativo, creativo, colaborativo) das novas ou adultas tecnoloxías. Empregalas para transmitir coñecemento doutro xeito, simplemente, ou facer as mesmas actividades mecánicas en distinto soporte, de pouco serve e é un esforzo para o profesorado (aprendizaxe e práctica previa, programación, etc.) sen moito rendemento. Porén, cando se descobren potencialidades didácticas concretas na organización da aula, na construción de coñecemento, na apertura de motivacións, proxectos e recursos expresivos e comunicativos, na ampliación da interacción reflexiva e da difusión..., a (seguramente ampla) dedicación sempre paga a pena. A este respecto, hai enriquecedores intercambios de opinión na rede coma este.
Ao lado doutros obradoiros, como o de literatura, impartido por
Ramón Caride, con experiencias non só no seu centro, o traballo cos podcast guiarano Estíbaliz Espinosa -ou mmmm, impulsora do caderno dixital Mensaxe nunha botella- e o pailán e
chuceiro... Modesto del Río. É claro que á maioría cómprenos un (maior) achegamento aos seus aspectos técnicos e aos recursos dispoñíbeis, mais calquera pode atopar en internet guías (Podgalego aínda está a traballar no tema, pero aí está a de Lourdes Barroso, por exemplo) que lle posibilitan a calquera situarse en pouco tempo. Nin sequera é necesario saber manexar programas para o tratamento do son como Audacity, a web 2.0 ofrece alternativas. O que realmente é preciso é coñecer experiencias didácticas, valorar propostas e bosquexar proxectos, cousas que acertadamente parecen recollerse no programa do obradoiro.
O traballo dos distintos xéneros orais, da realidade sociolingüística ou da literatura poden reforzarse con este recurso, aproveitando dalgún xeito o publicado (por areias sonoras, Pablo Torreira...), mais sobre todo coa creación planificada e o intercambio por parte do alumnado. Contamos poder facer este tipo de cousas e ampliar estas referencias no obradoiro.
E a AS-PG seguirá a potenciar a súa aplicación didáctica co
I Concurso de Podcasts Lingüísticos Artísticos.

_________
E de aí ao videopodcast. De gzcontrainfosgz:

Video thumbnail. Click to play



Etiquetas: , ,

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pois xa contarás como foron as Xornadas. Ter experiencias concretas de utilización das ferramentas nas aulas é fundamental para ir tendendo pontes metodolóxicas de cara á innovación. Dende Aulablog e El Tinglado, procuramos facelo deste xeito. A nivel galego coido que necesitamos dar algún que outro pasiño máis para organizarnos mellor na anclaxe desas pontes.

Un saúdo e parabéns polo teu traballo

6 de setembro de 2007 às 09:29  
Anonymous Anónimo said...

Moi interesante o post e as ligazóns. Ao topalo hoxe, "aceleramos" a publicación da nova dos obradoiros, que xa tiñamos no "faiado" pronta a sair. Agradecemos que nos teñas enlazado e máis que fales de nós (ainda que esta vez sexa un pequeno tirón de orellas por non termos feito un manual xeitosiño :P) saber que nos len, sempre anima a seguir co proxecto.
Un saúdo, e a ver se o falangullo do cebreirinho tira padiante tamén :)

6 de setembro de 2007 às 20:49  
Anonymous Anónimo said...

1. Carlos, moi agradecido polo comentario. Estou totalmente de acordo en que necesitamos dar aínda moitos pasos. Precisamos máis ferramentas libres para o uso didáctico "localizadas" en galego (aínda que nese labor, desde mancomun.org sobre todo, hai profesorado organizado) e unha verdadeira rede docente que conecte e dinamice as iniciativas individuais e explore moito máis as potencialidades das TIC para dar resposta ás nosas necesidades como profesorado nun contexto nacional que nalgunhas cuestións pouco ten que ver con outras zonas do Estado. Non abonda con realizar actividades puntuais de formación, está claro, sobre todo se non é colaborativa. Cumpriría artellar comunidades, adaptando ferramentas como http://elgg.org/ e aproveitando a experiencia de entidades coma esas nas que ti participas ou outras do noso ámbito lingüístico como http://www.educom.pt/
Bon, pois xa contarei o que considere aproveitábel e trataremos de facer camiño no que ti apuntas, pois nese espazo organizativo no que se vai desenvolver o obradoiro hai xente que comparte estas ideas.
Un saúdo, que xa deixarei en Sekeiros.
2. Obrigado, podgalego, e moitos parabéns polo voso labor, léovos, recoméndovos (tamén á redacción dunha revista do ensino dependente de Educación que só citaba -antes de ir ao prelo- podcatellano!) e aproveito as vosas referencias, como vedes nalgunhas ligazóns da entrada.
O podcast do cebreirinho foi unha proba "técnica" autodidacta (xa vedes que é a gravación dun programa de radio) para achegarme ao recurso. Agora agardo poder elaborar e tirarlle partido no ensino e fóra del.
Apertas e ánimo.

7 de setembro de 2007 às 02:54  
Blogger estibaliz... said...

Ola. Son Estíbaliz Espinosa. Só quero aclarar que eu non son a impulsora do estupendo blog Mensaxe nunha botella. É o blog do grupo de Técnicas de Expresión Expresión dun instituto coruñés, o David Buxán de Cambre. Eu só participei como colaboradora, pero o artífice da páxina é Xoán Díaz, profesor da materia.

29 de outubro de 2007 às 13:51  

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License