<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Golpear na lingua

terça-feira, 7 de agosto de 2007

Un recente e certeiro artigo de Daniel C. Bilbao fai lembrar moitas outras reflexións sobre a perversión, prostitución ou manipulación da linguaxe, como esta de Xabier Cordal, con segunda parte, estoutra de Antón Dobao, as do blogue pimenta negra, as de Pascual Serrano reseñando A intoxicación lingüística (de Vicente Romano, con contidos adiantados en Política e Economía)... Todas conectan coa necesidade de ampliar e reforzar no ensino os procesos de aprendizaxe da lectura comprensiva e do tratamento da información, aproveitando as orientacións da literacidade crítica e informacional, mais sempre abrindo os textos á realidade para poder entendela, construír estratexias e reelaborar. Cando a ideoloxía do discurso dominante rilla e violenta a linguaxe de tal xeito, as palabras distánciannos do real e ocúltannolo, a persuasión enmascarada invade todos os xéneros, non só as mensaxes dos medios de difusión. Por iso, como xa dixo Xabier Cordal, "hoxe ensinar Lingua é ensinar estratexia: por un lado, armas (de comprensión); por outro, técnicas de defensa persoal. A semántica é bombardeada todos os días e as primeiras vítimas son a xente nova e os pobres, aos que se lles prescribe a dose conveniente de televarredura".

ENGADIDO a 07/09/07: Un método de lectura crítica , como recoñecer as estrataxemas da manipulación, unha guía de análise proposta por Michel Collon dos mediamonopolis.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License