<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Para medrar, en galego

sexta-feira, 29 de junho de 2007

Para todas e todos os que estamos no ensino, as circunstancias da saída do Decreto 124/2007 constitúen moito máis ca unha lufada que obriga a interpretar posturas e intencións retrógradas e descaradamente tendenciosas ou electoralistas-españolistas. O Consello Consultivo logrou atrasar (máis aínda) a súa saída, co que iso supón para a organización dos centros, e os ultrapopulares encirrar receos e oposicións. Os que nunca se preocuparon polo incumprimento do anterior decreto (nin sequera de mínimos) nin polos desniveis competenciais e temen que este, o do 50%, se aplique realmente. Por iso é aínda máis preciso o labor pedagóxico ao respecto por parte do profesorado, alén das medidas que tomou e terá que tomar a Administración. E para iso hai realidades irrefutábeis, como son:

  • - A LOE recolle claramente o obxectivo de capacitar para a comunicación nas dúas linguas oficiais na mesma medida, o que é imposíbel de lograr se non hai unha ampla presenza no ensino da lingua minorizada.
  • - Como ten reiterado A Mesa, "a Carta Europea das Linguas rexionais e minoritarias incide particularmente no carácter positivo da diversidade lingüística, como un elemento de cohesión e de valor engadido para as sociedades democráticas e, por conseguinte, salienta a necesidade de adoptar estratexias de conservación, desenvolvemento e promoción do uso das linguas minoritarias e minorizadas. A Consellaría de Educación ten obriga de adaptar a lexislación galega á normativa europea que sinala que o ensino en Galiza debe ter como vehículo normal o galego. A Carta Europea das Linguas, aprobada por unanimidade durante o Goberno do PP, forma parte do ordenamento xurídico do Estado español."
  • - Unha das competencias profesionais necesarias do profesorado é o desenvolvemento plurilingüe do alumnado, no marco dos obxectivos europeos, o que só se pode facer co dominio e uso escolar efectivo da lingua galega.
  • - Apostar por un ensino bilingüe/plurilingüe (e o contexto que establece o decreto semella que é o mínimo dos mínimos para tal cousa) supón evidentes e contrastábeis vantaxes para o alumnado ao desenvolverse cognitivamente: mellora das destrezas psicolingüísticas e intelectuais e do pensamento diverxente, unha orientación analítica, unha maior sensibilidade ante os sinais do contexto social na comunicación..., e máis recursos e habilidades para a aprendizaxe de novas linguas. E na sociedade actual as competencias comunicativas desenvolvidas neste modelo de ensino son fundamentais. Aí están os estudos científicos de Herdina e Jessner, Cummis, etc. Só un dato: a avaliación do programa bilingüe de Quebec realizado por Lambert e Tucker en 1972 demostrou que o alumnado tiña iguais ou mellores resultados có monolingüe na lingua dominante, ademais de adquirir a minorizada; avaliacións europeas dos programas de inmersión de Cataluña recollen conclusións parellas.
ENGADIDO A 22/07/07: Manifesto Ensino en galego.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License