<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Avaliación

quarta-feira, 25 de abril de 2007

Dos erros sempre podemos aprender (sobre todo, a evitalos). Como do erro do enfoque expositivo do seminario sobre o novo currículo, nas Xornadas de lingua e literatura. Aínda considerando a necesidade de presentar contidos dificilmente encaixábeis nun proceso activo ou a escaseza de tempo. Porque, ademais, a reflexión colectiva final foi o máis interesante. Especialmente a referida á dificultade de avaliar proxectos.
E é que, segundo outra máxima repetida, aprendemos segundo nos avalían. E as/os docentes, aínda atendendo a avaliación inicial e a formativa en cada tarefa, temos sempre a preocupación por avaliar sumativamente coa maior "obxectividade" posíbel.
Hai estudos e experiencias en que apoiarse. De principio, dinnos que é conveniente situarse na perspectiva da avaliación reguladora (pdf). No proceso avaliativo de proxectos é recomendábel fixar criterios de realización das tarefas e niveis de logro (pdf), ademais de establecer os procedementos para a recollida de información, claro. Así, as valoracións sosteranse en xuízos de referencia criterial, o que permitirá ter constancia dos cambios nos niveis de logro competencial e deseñar estratexias de mellora.
E tanto na avaliación formativa (pdf), que se realiza durante a secuencia de actividades, como na final, baseada fundamentalmente nas producións de rendemento (informe, exposición oral, nova creación...), o alumnado debe tomar consciencia da evolución da súa aprendizaxe, de aí a necesidade de retroalimentación e autoavaliación (pdf).
Na concreción dos procedementos, semellan especialmente útiles, alén de escalas ou pautas de avaliación, os diarios de aprendizaxe -na liña dos portafolios (pdf)-, nos que o alumnado compila os seus traballos, borradores, reflexións, informes, etc. Todos eles están presentes nas orientacións para a avaliación desta secuencia didáctica (pdf).
Mais non abonda con criterios e ferramentas, aínda temos que valorar o peso porcentual de cada elemento para a avaliación sumativa, tanto dentro de cada proxecto como, sobre todo, ao final dun trimestre. Como no traballo con métodos máis convencionais.
Agora ben, interrogantes non faltan. Hai que evitar as chamadas probas obxectivas? Hai que "poñer" un proxecto final con maior peso do labor individual? Como abordar as recuperacións? ¿?

Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Moitas grazas, a verdade que case é a pedir de boca.

26 de abril de 2007 às 16:48  
Blogger Fátima Franco said...

Olá,sou moderadora do grupo Blogs Educacionais.
Vai ser um prazer ter você me nosso grupo,para trocarmos experiências.
Abs

1 de maio de 2007 às 04:44  

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License