<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Competencias en xogo

segunda-feira, 19 de março de 2007
As novas regras de xogo no ensino, queirámolo ou non, veñen marcadas polas competencias (de xeito especial, polas básicas). Estas proveñen do mundo da competitividade laboral e responden aos intereses mercantís do Consello de Europa(1), cómpre non esquecelo, mais a súa continua reorientación (pdf) -por exemplo, filtrouse a agresiva competencia empresarial emprendedora- e adecuación ás diferentes realidades educativas pode tamén permitirnos unha substancial mellora do proceso de ensino aprendizaxe desde claves críticas e enraizadas na realidade galega.

Saber simplemente que as competencias básicas (pdf) -deste xeito no borrador do currículo galego LOE (pdf)- son un conxunto de habilidades que deben ser alcanzadas no ensino obrigatorio por todo o alumnado e que supoñen a posibilidade de usar funcionalmente os coñecementos en diferentes contextos, pode levar a pensar que nos achamos diante dun mero cambio terminolóxico que non vai implicar máis que unha adaptación formal. Agora ben, descubrir as súas finalidades integradoras e a condición esencial da súa efectividade, a existencia de situacións reais ou simuladas que esixan operacións mentais complexas para a realización de accións adaptadas, pon inmediatamente en cuestión certas dinámicas didácticas e obriga a procurar posíbeis alternativas.

A respecto diso, Joan Mateu enfía boa parte das cuestións fundamentais e abre algúns vieiros nestas estimábeis reflexións (pdf). Nelas deixa clara a idea de que o profesorado non está chamado a desempeñar unha función máis complexa, mais si a realizar un (custoso) cambio cultural docente. A sociedade actual (con saturación de información, coñecemento fragmentado...) imposibilítalle ao alumnado a comprensión da realidade e esta situación non se enfronta coa transmisión de coñecementos que caracterizou grande parte do ensino ata agora. A realidade, cada vez máis complexa, esixe a activación das habilidades(2), se temos claro que hai que formar cidadáns críticos que sexan quen de modificala.

Xa que logo, urxe o deseño de tarefas e modelos de actividades que creen contextos de realidade (complexos, ricos, variados) e oportunidades de desenvolvemento sistemático e conxunto de competencias. Xa non interesa, na aula de lingua, a abordaxe dunha ampla tipoloxía textual para realizar actividades con escasa ou nula ligazón, senón atender as múltiplas situacións dos principais ámbitos sociais (no sentido amplo: académico, laboral, lúdico, etc.) para, nelas, enfrontar o alumnado con problemas reais que esixan formular hipóteses, procurar, seleccionar e reelaborar información, planificar e revisar textos, reflexionar sobre a lingua e sobre a situación sociolingüística, etc. Outorgándolle predominio ao traballo colaborativo, concretando retos axustados, subministrándolle ao alumnado os materiais e recursos necesarios, adaptando a avaliación...

Como xa se sinalou aquí, algunhas tarefas de webquest están camiñando nesa dirección, mais debería ser a propia Administración educativa quen fomentase o debate, propiciase experiencias, orientase..., antes de "innovar por decreto". Cataluña ou Canarias, por exemplo, xa hai ben tempo que encetaron esa liña, máis ou menos acertada pero participativa.

_______

(1) As razóns económicas preceden as demais. É o Mercado Común o que esixe os Marcos Comúns de referencia. Segundo o obxectivo estratéxico do Cumio de Lisboa (2000), é preciso que os mercados de traballo europeos sexan globalmente accesíbeis, permitindo a libre circulación de man de obra, servizos, bens e capitais, para o que cómpre o dominio efectivo por parte da poboación de certas competencias básicas. E será no Consello europeo de Barcelona (2002) cando se propón a mellora do dominio desas competencias. Así, a Decisión 2241 do Parlamento Europeo e do Consello de 2004, relativa a un marco comunitario único para a transparencia das cualificacións, impulsará os instrumentos para a cualificación competencial á hora de acceder a un emprego ou de solicitar a admisión nunha actividade de aprendizaxe.
Para contextualizar máis os intereses ideolóxicos que ocultan as competencias, pode lerse esta lúcida análise, na que se sinala que:
A introdução da noção de competência constitui uma mudança no sentido ideológico, ou seja, no de diminuir os conhecimentos que hoje são apresentados pela escola, tendo em vista que estes não são úteis para a inserção no mercado de trabalho. Então, é preciso que a escola prepare de outra forma os futuros trabalhadores para a sociedade dita do saber. E essa forma é exatamente a da pedagogia das competências, considerando que esta permite uma formação flexível, polivalente, que atende às exigências imediatas, ou seja, a escola se ocupará de ensinar aquilo que terá utilidade garantida. E aí está a grande mudança, isto é, os conhecimentos deixam de ser importantes para se dar maior destaque ao savoir-éxecuter [saber executar], tendo em vista a compreensão de que as competências são sempre consideradas em situação, em ação. A formação do professor a partir do modelo de competências pode contribuir para a subordinação da educação ao racionalismo utilitarista do mercado.

(2) Iso son as competencias. Joan Mateu establece unha diferenciación cabal entre información, saber, coñecemento, capacidade, habilidade e competencia, marcando unha progresión na comprensión e relación activa coa realidade.

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License