O ENTRANS e a docencia
quarta-feira, 28 de fevereiro de 2007
A Consellería de Educación, en colaboración coa de Innovación e Industria, oferta unha actividade de formación que permite poñerse ao día nos distintos proxectos institucionais galegos polo software libre, participar na súa "localización" a través da ferramenta ENTRANS e bosquexar as súas posibilidades didácticas. Trátase, pois, dun curso innovador que pode abrir interesantes vías de traballo, sempre e cando o permitan as condicións e dotacións dos centros, claro. Porque o verdadeiro interese da proposta sitúase máis alá da colaboración na tradución de aplicacións informáticas: na revisión textual por parte do alumnado, no emprego dos propios programas en labores de aula, etc.A actividade leva por título ENTRANS: a lingua galega e a tradución do software libre para Galicia (pódese descargar aquí en .pdf ou consultala no Sistema de xestión da formación do profesorado). Ten unha fase presencial o día 9 de marzo e outra a distancia do 12 ao 19.
Etiquetas: iniciativas




FIESTRA




0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home