<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://draft.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Entrar en materia

sábado, 3 de fevereiro de 2007















A maior satisfacción que un recibe cando se decide a editar un blog centrado na súa materia de ensino é atopar espazos de intercambio con preocupacións e obxectivos próximos. A rede é un ámbito óptimo para complementar o, sempre escaso, labor colaborativo e reflexivo que se realiza nos Centros, nas actividades de formación, nos círculos de amizade...
A este blogueiro anímao observar como abrollan novos espazos para o debate sobre a lingua, para a actualización didáctica, para compartir materiais, recursos e ideas. E como antesala do blog mestre, blog de aula ou caderno dixital colectivo (caso de Mensaxe nunha botella ou Revolta da freixa), desenvolvemento "natural" se o medio for favorábel.
En todo caso, é precisa a participación, dunha ou doutra maneira, nesta procura que emprega a rede para ser máis efectiva, sen ser ese emprego, por suposto, a finalidade. Un/unha non pode ficar á marxe porque no seu centro haxa só unha sala de ordenadores (
aula TIC?) e estea sempre ocupada. Hai que reclamar máis medios, xaora, mais a clave é unha didáctica innovadora adaptada ao contexto.
En fin, todo isto é só para saudar dous gromos vizosos: encerado dixital e Materia de lingua. Para visitalos a miúdo e participar.
E para os que estean pensando en sumarse con edición propia, Materia de lingua inclúe unha guía moi clara sobre os blogs como recurso para lingua e literatura (tomada de Depósito). Que medre.
ENGADIDO: Materia de lingua é un blog experimental creado nunha actividade do CFR d'A Coruña e non parece ter continuidade.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License