<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Da submisión á fidelidade

quarta-feira, 7 de fevereiro de 2007

O blog La paraula vola ponnos en contacto cos estudos e propostas do psicólogo Ferran Suay relativos ao proceso de substitución lingüística desde a perspectiva da psicoloxía do individuo e, en concreto, referentes ás condutas de submisión e fidelidade lingüísticas en situacións comunicativas en contextos de conflito. A procura de actuacións sobre a consciencia (socio)lingüística, posibilitando a adquisición de recursos persoais para afrontar as situacións de conflito e mellorar a autoestima en relación coa identidade e os usos da lingua, é un camiño aínda non suficientemente desenvolvido. Deste doutor en psicoloxía, corresponsábel do Taller d'Espai Lingüístic Personal, ofrécenos Antoni de la Torre, editor do citado blog, a presentación en slideshare Compromisos cívics i normalitat, que paga a pena consultar.
Porque é evidente que o dereito lingüístico central, poder vivir facendo un uso pleno da lingua propia (minorizada), é ben difícil de exercer -só temos que revisar os múltiplos casos de represión lingüística no mundo laboral galego- e hai un amplo abano de submisións lingüísticas que traspasan fronteiras simplificadoras -só hai que ler as declaracións ao respecto de Sarille no número 0 de
Longa Lingua. E o alumnado dos nosos centros é, en grande parte, herdeiro e/ou practicante da deserción lingüística, tamén nos seus diferentes graos.
Para o galego, temos estudos sobre actitudes e hábitos que parten da análise dos discursos dos propios falantes, como os de Ana Iglesias Álvarez, autora de Falar galego: "No veo por qué". E hai psicólogos que se achegan ao estudo da sociolingüística, como Xaquín Loredo Gutiérrez, membro do Equipo de investigación do Seminario de Sociolingüística, que elaborou un Deseño de medidas para mellorar as actitudes cara ao galego e incrementar o seu uso. Alén disto, a compoñente psicolóxica latexa na maioría das propostas e actuacións de dinamización lingüística de colectivos como Tagen Ata (especialmente nos seus obradoiros de lingua e sociedade) e de profesores/as como Sechu Sende, autor de iniciativas máis que necesarias.
Porén, unha cuestión fundamental como son as estratexias para acadar unha progresiva fidelidade lingüística aínda ten que traballarse moito máis. E sobre todo no ensino, onde fai falta moita reflexión-acción a apartir das súas consecuencias didácticas: a construción de usos variados e reais da lingua a través de simulacións e interaccións diversas; o achegamento a modelos atraentes de uso consciente da lingua no deporte, na creación audiovisual... (os modelos determinadores/orientadores da conduta son centrais en calquera "intervención"); a aproximación ás expresións e aos referentes culturais -nun sentido amplo- en lingua portuguesa; etc., etc.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License