MARIADEMALLOU, lúa gris... e a rede máis creativa
quarta-feira, 31 de janeiro de 2007
A creación literaria non só está na rede (algúns sitios están recollidos, zarrapicados, nesta guía), faise na rede. Só temos que visitar a María Lado, que nos abre a súa casatlantica e a mirada con este blog de reflexións, convocatorias, lecturas, navegacións, fogonazos visuais... e poesía en todos os xéneros. Nunha liña máis formal pero non menos creativa, Eduardo Estévez ofrece en lúa gris gran parte da súa obra e o proceso de creación on line dun poemario (con posibilidade de participación das visitas).Dous imprescindíbeis.
Como Estíbaliz Espinosa, Igor Lugrís, o espazo galegoportugués incomunidade...
E postos a nomear, non deixemos fóra andar21 ou, no lado da crítica, O levantador de minas.
ENGADIDO A 25/02/07: Na creación de videopoemas, cómpre pasar polo cartafol de silencios de Sara Jess.
Etiquetas: creacion




FIESTRA




0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home