<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Investigando con

segunda-feira, 15 de janeiro de 2007
Está claro que no ensino non existen receitas, e menos en contextos adversos, cunha ratio elevada, con escasos recursos... A única "receita" válida é a revisión (reflexiva, continua, innovadora) do labor na aula. Porén, cómpre abrir vieiros, ou desbrozar os atuídos. E un dos máis atinados é aquel que integra o traballo dos diferentes contidos a través de proxectos, tarefas, resolución de problemas en contextos cooperativos: INVESTIGANDO CON, con hipóteses, con outr@s compañeir@s, con recursos, con procesos que requiren varias sesións de traballo... Véxanse os documentos Novos encontros no Secundário (escollede os PDF), Aprendizaxe cooperativa e Tarefas.
En lingua implica abordar todos os contidos (gramaticais, literarios, etc.) interactuando cos demais, con outros falantes, con diversos tipos de fontes e textos, procurando e presentando explicacións, propostas e creacións. É certo que esta liña leva moito tempo aberta (e seguro que hai experiencias nos centros que eu descoñezo máis que interesantes), mais case sempre se traduce en actividades que establecen conexións puntuais, como aproveitar os textos literarios para analizar usos lingüísticos ou investigar un contido histórico ou cultural. Do que se trata é de pasar do "localiza", "infórmate sobre" ou "escribe tal cousa", illadamente, a "formula unha hipótese e contrasta", "procura e elabora probas" e mais "presenta", de xeito integrado e sempre con instrumentos.
Por suposto, non é o único modelo metodolóxico ou didáctico válido e haberá momentos nos que serán precisas estratexias de ensinanza expositivas, pero a norma non pode ser a transmisión-observación do prototípico seguida de actividades de aplicación e comprobación. Nin abonda o extra de certas actividades dinámicas (un xogo de lingua, un pequeno obradoiro, un debate), pois non permiten realmente melloras competenciais nin soen situar o alumnado noutro rexistro.
En palabras de Anna Camps, debemos establecer unha ponte estable entre as actividades de uso e o coñecemento sistemático. Nisto (tamén), Cataluña está a ser unha referencia. Precisamente, nun libro coordinado por esta profesora e por Felipe Zayas, hai moi boas propostas e experiencias de secuencias didácticas baseadas en traballo colaborativo de investigación, neste caso centradas na gramática, como a de Vilà i Santasusana (traballou tamén a oralidade a través de secuencias didácticas) ou a de Xavier Fontich (autor tamén de Hablar y escribir para aprender gramática).
Eu creo na potencialidade deste modelo (insisto, non excluínte) e intentarei incluír aquí algunha mostra. O que máis se achega do que temos dispoñible na rede son algunhas webquest (non aquelas con simples tarefas de recontar ou de recompilar). Unha páxina ben completa sobre este recurso é Webquest, aprendendo na internet. Unha aproveitábel, das poucas de lingua e literatura galegas, é esta sobre María Mariño.

Etiquetas: ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Parabéns por este blog que estás a comezar. Estarei moi pendente das túas anotacións.
Un saúdo
Carlos

16 de janeiro de 2007 às 17:18  
Blogger xano said...

Grazas por crear rede, Carlos. Pois que a miña intención primeira, por enriba de erguer un banco de información e recursos, é conectar espazos de reflexión sobre a lingua (no ensino).
Saúde.

20 de janeiro de 2007 às 23:35  

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License