<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttp://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-541396333326778745', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



A aprendizaxe da lingua hoxe

quinta-feira, 28 de dezembro de 2006

Lamentabelmente, o ensino hoxe aínda segue a funcionar en parte, e agás gabábeis excepcións, como aquelas primeiras escolas destinadas a atender os fillos dos traballadores e traballadoras das fábricas para asegurar mentes mecánicas e submisas. E mesmo (e aínda máis) cando se incorporan as novas tecnoloxías de xeito acrítico e tecnicista.
Porén, desde hai xa ben tempo, tanto razóns de tipo ecolóxico (modelo económico neoliberal depredador insostíbel) como éticas (distanciamento cognitivo e emotivo cunha realidade cada vez máis inxusta e brutal) e sociopedagóxicas (subsistencia na sociedade da información, esixencia de labores colaborativos, etc.), fan que o ensino activo e crítico se erixa como o eixo da didáctica.
En lingua e literatura, materia centrada no instrumento procesual por excelencia, o enfoque comunicativo-construtivista soubo integrar o desenvolvemento das competencias que forman o cidadán crítico na sociedade de hoxe. Esta é a liña que está a actualizar a didáctica e que terá que orientar os novos currículos. Dentro dela, a alfabetización electrónica e crítica é un dos cernes e unha das referencias neste sentido está a ser, novamente, Daniel Cassany, que emprega o termo de literacidade crítica (documentos un, dous, tres, catro), presente tamén no noso espazo.
Para a consecución duns niveis adecuados de formación nas distintas competencias básicas precísase a construción dunha cultura de cooperación na aula e a incorporación de estratexias de ensinanza por descubrimento, ambas as cousas ao resto fusionábeis
. Como botóns de mostra esta webquest e estoutros traballos (1 e 2). Un paso máis alá nesta liña, non excluínte mais case obrigado no ensino primario, son os proxectos de traballo interdisciplinares (pode consultarse a particular experiencia portuguesa de áreas de proxecto).

Etiquetas: , ,

0 Comments:

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License