<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener('load', function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <div id="navbar-iframe-container"></div> <script type="text/javascript" src="https://apis.google.com/js/platform.js"></script> <script type="text/javascript"> gapi.load("gapi.iframes:gapi.iframes.style.bubble", function() { if (gapi.iframes && gapi.iframes.getContext) { gapi.iframes.getContext().openChild({ url: 'https://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID\x3d7596306620968613963\x26blogName\x3dRemexer+na+lingua\x26publishMode\x3dPUBLISH_MODE_BLOGSPOT\x26navbarType\x3dBLUE\x26layoutType\x3dCLASSIC\x26searchRoot\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/search\x26blogLocale\x3dpt_PT\x26v\x3d2\x26homepageUrl\x3dhttps://remexernalingua.blogspot.com/\x26vt\x3d-4797492013090662273', where: document.getElementById("navbar-iframe-container"), id: "navbar-iframe" }); } }); </script>



Panorámicas

quarta-feira, 6 de fevereiro de 2008
Está a ser unha enorme satisfacción, penso que para toda a xente que alí está a participar, a evolución do espazo colectivo ´agora rede, unha alternativa para a formación en TIC acorde coas necesidades actuais que non está a cubrir a Administración (como tan ben o formulou Alberto).
´Agora rede ofrece en primeiro lugar unha panorámica dos distintos percorridos didácticos que anda a construír o profesorado a través de blogues e wikis. Porén, o que máis estimo eu é a oportunidade de aprender cunha verdadeira interacción dinámica, moito máis funcional cá lectura de postaxes e o diálogo entrecortado dos comentarios nos cadernos de cadaquén.
No grupo de traballo sobre as aplicacións didácticas das ferramentas web, comezamos a lle dar voltas á escolla das máis útiles no ensino. E quero recoller aquí tamén (aínda que pareza contraditorio co anterior) unha consulta sobre circaVie, que permite crear frisos temporais. Con esta ferramenta intentei facer unha panorámica da literatura galega desde a Idade Media ao Rexurdimento a través de textos (aproveitando algunha das ilustracións desta iniciativa de Cultura, lamentabelmente só en castelán(?)) e non fun quen de facer unha escolla no tempo para que aquilo non parecese un ermo nunha enormidade de franxa temporal (pódese ver aquí, mais deixeino sen rematar ao apreciar o problema). Alguén sabe se se pode facer tal cousa con circaVie?
En todo caso, temos outra opción: xtimelime, aínda que os resultados non fiquen tan vistosos.

Etiquetas: ,

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

moi interesantes as propostas (aínda que na da Consellaría de Cultura non sei a que agardan a poñer a versión en galego e noutras linguas mesmo).

Non sería interesante cubrir os ocos temporais con outras referencias que teñen que ver indirectamente coas historia da literatura do período que tratas(cuestións sociais, políticas etc.). Non sei que pensas? Demasiado traballoso para o resultado? Pouco claro para os obxectivos nos que pensas utilizar a actividade?
Saúdos e forza !!!
Nasa

7 de fevereiro de 2008 às 11:48  
Blogger xano said...

Non é mala opción, mais non enchemos, coas referencias máximas para alumnado da ESO, tanto espazo inflexíbel.
Obrigado por dar forza e contribuír. Saúde.

7 de fevereiro de 2008 às 17:04  
Anonymous Anónimo said...

Xano. Recollín o meme, mais ainda está no forno. Estes días estiven leado demais.
O mexemento xa non vai parar.

7 de fevereiro de 2008 às 21:13  

Enviar um comentário

<< Home


Perfil
blogueiro



Remexer na lingua
comparte contidos
con linguaprende,
que dispón de espazo para
desenvolver propostas para a aula.



Blogue Dis ti! (aulas de 3º ESO)

FIESTRA

de experiencias didácticas [abrir]


Arquivos


Últimos comentarios






.

.:Lexislación e lingua

(en ligazón)


botón ligazóns

.

Abre/pecha ligazóns:

botón lingua

botón normalización
botón ensino galego
botón varios


botón sitios

botón ferramentas

.

botón cativos










.
.

.
.


Presentacións de xanocebreiro en Slideshare (ligazón directa aquí).

Wikispaces

.
.

.:Novas do Chuza



Na rede Aquí


Powered by Blogger

make money online blogger templates



Creative Commons License