Borradores de secuencias
quarta-feira, 27 de fevereiro de 2008
Creo que é evidente a aposta de Remexer pola publicación aberta, baixo Creative Commons, das actividades dixitais e dos resultados doutro tipo de tarefas. Cómpre aproveitar as posibilidades que nos abre a todos/as a cultura do intercambio: dispoñer dun amplo e, moitas veces adaptábel, abano de recursos, aproveitar experiencias e coñecementos no labor de construción, abrir reflexións para a mellora na súa elaboración, etc.
Agora ben, o propio deseño de tarefas para o traballo sen computadoras case non ten presenza aquí, fundamentalmente porque sempre atopo (moitas) cousas que puír e retocar nelas, alén da adaptación ás características de cada aula. En boa parte por andar a experimentar con proxectos secuenciais (tamén nos materiais dixitais, moi mellorábeis, mais aí semella máis aceptábel un grao elevado de experimentación). Porén, se cadra, pode ser aproveitábel colgar borradores que dean pé á partilla de ideas. Velaquí dous ben distintos, ambos para 3º da ESO:

- Secuencia de obradoiros para traballar xéneros do ámbito social-administrativo (non inclúe a revisión textual e reflexión sobre a lingua).
- Actividade sobre usos e actitudes lingüísticas, complementada coa dinámica Reflexos para a abordaxe dos prexuízos lingüísticos.
Etiquetas: recursos
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home